Saltar navegación
Imagen asociación

Reclaman un grao de Comercio en Vigo para profesionalizar o sector

09/23/2009

Fonte: Faro de Vigo

Unha demanda do sector. De aí nace a proposta da Deputación de Pontevedra de crear un grao universitario específico de Comercio na cidade de Vigo. O fin último desta iniciativa é ofrecer aos comerciantes e aos mozos interesados en traballar neste campo a posibilidade de formarse con estudos superiores.

A entidade provincial xa mantivo varias reunións con diferentes asociacións de comerciantes para escoitar as súas necesidades. Polo momento, só a Fundación Escodi (da Universidade Autónoma de Barcelona) conta cunha titulación destas características en toda España.

A titulación que se achega máis en contido ao grao de Comercio é Empresariais. A pesar de todo, as persoas interesadas en formarse en materia de comercio poden alcanzar como máximo a cursar os ciclos superiores de Formación Profesional que se imparten neste ámbito. Se desexan acceder á Universidade, deben desviarse por outras ramas.

Logo de la Xunta de Galicia